lunes, 9 de marzo de 2009

A Fraga






Esta é a Fraga, en Visantoña, un lugar ideal para dar un paseo ou facer unha ruta de sendeirismo en outono ou na primavera. Hai algunha pequena fervenza, muíños de auga, o que queda deles, un camiño entre unha plantación de castiñeiros, ...

viernes, 6 de marzo de 2009

Inauguración oficial








O pasado sábado 17 de xaneiro de 2009 inaugurouse oficialmente O Mesón de Visantoña.
Estiveron presentes, ademáis de tódolos veciños e amigos, a Directora Xeral de Comercio Ana Rúa, o Xerente de Galicia Calidade Ignacio Louzao e varios representantes da Corporación Municipal do Concello de Mesía.

jueves, 5 de marzo de 2009

Visita inesperada

O pasado Domingo de Entroido tivemos unha visita inesperada.
Visitounos, nin máis nin menos que, a señora Palmira, do Luar, e algúns dos seus "secuaces". Entre eles parece que se recoñece a algún político, etc...
A señora Palmira estivo moi simpática pero quedámonos coas ganas de saber que era. Se alguén o sabe, ... que informe.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Apertura








O pasado día 20 de Decembro de 2008 estreamos o novo local de O Mesón de Visantoña.
E para celebrar tal evento tivemos petiscos a esgalla e convidamos a primeira consumición.
Todo isto non sería posible sin a inestimable axuda dos nosos amigos e familiares que durante toda a semá nos axudaron a trasladar as cousas, montar as mesas, limpar, colocar, atender a xente, e un longo etc...
¡¡GRAZAS A TODOS!!

lunes, 2 de marzo de 2009

Laconada, grelada, cacheirada, ...







O pasado sábado 21 de febreiro demos boa conta dos lacóns, cacheiras, chourizos, grelos, .... que se nos puxeron por diante. E como se pode ver nas fotos hai "canteira" para o futuro (aprende Manolito).