martes, 3 de febrero de 2009

Antes e despois



Nas fotos vese o "antes e despois" da rehabilitación que se realizou en O Mesón de Visantoña para adecuarse aos manuais da rede de Comercio Rural Galego.
É sorprendente ver como unha casa vella, case en ruinas, se transformou nun edificio moderno e que, ao mesmo tempo, conserva a arquitectura tradicional. Con un valor engadido, o valor que lle foi dando o paso do tempo. A historia que viron pasar as súas paredes.

Comercio Rural Galego

O Mesón de Visantoña entra na rede de Comercio Rural Galego.
Para entrar na rede rehabilitouse, seguindo os manuais de adecuación, unha casa vella con un alpendre situados ó carón do que antes era "O Mesón de Visantoña". A casa que se rehabilitou ten unha longa historia e un gran valor arquitectónico, na zona era coñecida coma a Casa do Carteiro, pero segundo nos contan tamén foi panadería, vivenda, "caseta do sal", etc.
Agora O Mesón de Visantoña conta con un local destinado a bar e outro a autoservizo. Cabe destacar que no autoservizo, ademais de productos de consumo, podes atopar productos procedentes da Agricultura Ecolóxica, de Artesanía de Galicia, etc.