jueves, 22 de abril de 2010

Guiso de "Alegría" ao estilo "A Miña Casa"


Aquí vai a receita do guiso:
O día da matanza lavamos concienciudamente a alegría en auga para despois salgala. Pasados uns oito días no sal quitámola, cortámola en anacos e deixámola unha noite en auga a desalgar.
Para facer o guiso quitamos a "alegría" da auga e poñémola a escorrer para despois pasala na tixola o tempo que necesite ata que deixe de soltar auga, que iremos quitando. Cando non solte máis auga engadímoslle aceite e unha cebola picada, deixamos fritir un pouco para engadirlle pimento e pasala a unha pota onde lle engadimos a auga lle que vaia facer falta para o guiso. Poñemos a pota ao lume ata que ferva e deixámola cocer durante unha hora.
Pasada unha hora cocendo votámoslle cenoria, cortada en dados, e unha folla de loureiro. Deixamos cocer quince minutos máis e engadímoslle as patacas, cortadas en anacos, para deixar cocer todo xunto media hora máis. Se é necesario engadimos sal. Apagamos o lume e deixamos repousar.

Tripas de porco ao estilo "A Miña Casa"


Aquí vai a receita das tripas:
O día da matanza hai que quitarlle a graxa as tripas, lavalas e darlles a volta. De seguido férvense en auga e sálganse.
Cando pasen uns oito días no sal sacámolas e deixámolas unha noite en auga para que desalguen. Ao día seguinte poñémolas a cocer con unha cebola durante media hora. Agardamos a que arrefríen e picámolas tal e como as imos servir. De seguido poñemos unha tixola con aceite ao lume e cando colla temperatura votamos a cebola picada, polo menos tres ou catro cebolas, imos remexendo para que non se queime e deixamos que se vaia facendo. Pasados uns minutos engadimos as tripas picadas para que se fritan xunto coa cebola durante unha media hora, máis ou menos. Para rematar engadimos pimento doce e picante ó gusto.
Para acompañalas son ideais os típicos cachelos.

lunes, 18 de enero de 2010

Este ano veu a neve




Así é como estaba a paisaxe o día 8 de xaneiro. Todo cuberto por un manto branco, que aínda que ocasiona certos problemas e incidencias non se pode negar que é de unha extraordinaria beleza.