lunes, 27 de julio de 2020

Produtos Comercio Xusto



En O Mesón de Visantoña temos a vosa disposición unha ampla variedade de produtos Tierra Madre de Oxfam Intermon, como chocolates, azucre, café, arroz, panela ou té.
Son produtos certificados de Comercio Xusto que promoven boas condicións laborais dos produtores e tamén a igualdade entre mulleres e homes e o respecto ao entorno natural.
Ademais o Comercio  Xusto contribúe a algúns dos obxectivos de desenrolo sostible (ODS), fixados por la ONU para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas.

domingo, 10 de mayo de 2020

Cestas de agasallo


Queres facer un agasallo, darlle as grazas ou felicitar a esa persoa especial dunha forma orixinal.
En O Mesón de Visantoña podémosche facer unha preciosa cesta cos produtos que ti elixas.

viernes, 14 de abril de 2017

Cestas de Pascua




Como tódolos anos, pola Páscua, temos todo tipo de agasallos para celebrar estes días. Ovos de chocolate, cestas que podemos personalizar co que máis lle gusta ao agasallado, ...

miércoles, 18 de mayo de 2016

Carro de chuches e mesas doces






En O Mesón de Visantoña poñemos a vosa disposición o servizo de carro de chuches ou mesa doce, personalizados, para que sorprendas aos teus convidados nas celebracións especiais (vodas, bautizos, comuñóns, ...).
Podes elexir a selección de chuches, doces, froitos secos, ... que desexes e nós presentarémoschos da maneira máis orixinal dentro dun precioso carro de madeira ou nunha mesa doce.

jueves, 22 de abril de 2010

Guiso de "Alegría" ao estilo "A Miña Casa"


Aquí vai a receita do guiso:
O día da matanza lavamos concienciudamente a alegría en auga para despois salgala. Pasados uns oito días no sal quitámola, cortámola en anacos e deixámola unha noite en auga a desalgar.
Para facer o guiso quitamos a "alegría" da auga e poñémola a escorrer para despois pasala na tixola o tempo que necesite ata que deixe de soltar auga, que iremos quitando. Cando non solte máis auga engadímoslle aceite e unha cebola picada, deixamos fritir un pouco para engadirlle pimento e pasala a unha pota onde lle engadimos a auga lle que vaia facer falta para o guiso. Poñemos a pota ao lume ata que ferva e deixámola cocer durante unha hora.
Pasada unha hora cocendo votámoslle cenoria, cortada en dados, e unha folla de loureiro. Deixamos cocer quince minutos máis e engadímoslle as patacas, cortadas en anacos, para deixar cocer todo xunto media hora máis. Se é necesario engadimos sal. Apagamos o lume e deixamos repousar.

Tripas de porco ao estilo "A Miña Casa"


Aquí vai a receita das tripas:
O día da matanza hai que quitarlle a graxa as tripas, lavalas e darlles a volta. De seguido férvense en auga e sálganse.
Cando pasen uns oito días no sal sacámolas e deixámolas unha noite en auga para que desalguen. Ao día seguinte poñémolas a cocer con unha cebola durante media hora. Agardamos a que arrefríen e picámolas tal e como as imos servir. De seguido poñemos unha tixola con aceite ao lume e cando colla temperatura votamos a cebola picada, polo menos tres ou catro cebolas, imos remexendo para que non se queime e deixamos que se vaia facendo. Pasados uns minutos engadimos as tripas picadas para que se fritan xunto coa cebola durante unha media hora, máis ou menos. Para rematar engadimos pimento doce e picante ó gusto.
Para acompañalas son ideais os típicos cachelos.

lunes, 18 de enero de 2010

Este ano veu a neve




Así é como estaba a paisaxe o día 8 de xaneiro. Todo cuberto por un manto branco, que aínda que ocasiona certos problemas e incidencias non se pode negar que é de unha extraordinaria beleza.